Ribadeo acomete obras de peche de seguridade e mellora na estación do tren mineiro

O alcalde de Ribadeo lembrou que “esta superficie foi anticipada ao Concello polos seus propietarios, de acordo co disposto no Polígono Urbanístico do Plan Xeral de Ordenación Municipal".


O Concello realiza traballos de mellora, limpeza e peche perimetral de seguridade na antiga estación do tren mineiro, segundo deu a coñecer o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor contou que “logo dun desbroce inicial polos arredores, estamos nestes días cunha nova actuación de limpeza e de mellora do ornato e da salubridade pública, así como tamén de garantir a seguridade destas construcións que, aínda sendo ben bonitas, levan unha chea de anos nun estado de auténtica ruína“.

As obras efectuadas até o de agora poden provocar un perigo se a xente entra dentro di Suárez. Por todo isto procedeuse á colocación dun peche perimetral de seguridade no edificio principal e limpando a vexetación.

Suárez Barcia lembrou que “esta superficie foi anticipada ao Concello polos seus propietarios, de acordo co disposto no Polígono Urbanístico do Plan Xeral de Ordenación Municipal”. Por iso mentres se buscan financiamentos para rehabilitar e darlles un uso axeitado a estes inmobles, o Concello quere asegurar que non son un perigo, “posto que nas inmediacións queremos habilitar un aparcamento provisional de vehículos”.

Por outra banda, os técnicos municipais están estudando as alegacións recibidas pola outra bolsa de chan contigua que leva decenios en estado de abandono. Para os terreos que quede acreditado a titularidade de alguén, seralle esixido un compromiso de coidado e de seguridade, salubridade e ornato públicos. E para todos aqueles terreos onde non quede demostrada unha titularidade particular, iniciarase o proceso de inmatriculación pública en favor do Concello de Ribadeo.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here